Monday 29 de April de 2024

O vindeiro luns 24 de abril de 2017 finaliza o prazo para presentar a subvención para a creación de empresas CAMBRE EMPRENDE


O vindeiro luns 24 de abril de 2017 finaliza o prazo para presentar unha solicitude de subvención ao abeiro do Programa de axudas municipais á creación de empresas CAMBRE EMPRENDE.
Este programa ten como finalidade contribuir á posta en marcha de novos proxectos empresariais emprendidos en Cambre que faciliten a creación do propio posto de traballo para as persoas desempregadas que os leven a cabo.
As axudas van dirixidas ás novas iniciativas empresariais creadas entre o 1 de xullo de 2015 e o 30 de setembro de 2016 e subvencionan ata o 100% das cotas efectivamente pagadas nos primeiros 12 meses naturais do exercicio da actividade correspondentes ao réxime de traballadores/as autónomos/as ou mutualidade profesional equivalente, tomando como referencia a base mínima de cotización.
+ info: Axencia de Desenvolvemento Local
Teléfono de contacto: 981 613 196
Email: adl@cambre.org